Sarria

54 Edición da Noite Meiga

A Noite Meiga celebra a súa 54 edición coa estrea do seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico.

A celebración da Noite Meiga 2026 arrincou coas accións nos comercios da vila e entrega das pulseiras conmemorativas, tamén coa inauguración da mostra "O Eco das Meigas. Memoria Viva" na Antiga Prisión Preventiva, pero os actos centrais da nosa festa de fin de verán comezan este venres coa Tardiña Meiga e a Andaina dende La Unión ata o Parque do Chanto. 

Podedes consultar toda a programación aquí e nas redes sociais de Meigas e Trasgos. 

 

Este ano con motivo da declaración da Noite Meiga como Festa de Interese Turístico e grazas á axuda económica da Xunta de Galicia a través de Galicia Calidade e o Xacobeo 2027, e a o patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de Abanca, o Concello puido invertir en melloras na producción da danza da Noite Meiga que suporán salto de calidade e espectacularidade respecto a outros anos. Convidamosvos a todos e todas a compartir unha noite máxica e irrepetible. 

Que as Meigas e os Trasgos vos acompañen!

Noite-Meiga-2026-1

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language