Sarria

Remedios 2024.

O Concello de Sarria coordinou coa comisión de festas da Romaría dos Remedios en San Salvador de Cesar, un dispositivo especial de tráfico e seguridade para garantir o axeitado desenvolvemento das celebracións. 

Nas xornadas do domingo 8 e o luns 9 establecerase un sentido único de circulación para os vehículos, que deberán acceder desde a estrada de Monforte (LU-546), concretamente desde o cruce coa estrada LU-P-5703 en dirección a Vilar do Monte. Para a baixada cara Sarria, recoméndase retornar pola mesma estrada LU-546 desde A Valiña ou ben facelo a través dos lugares de Pape e Arxevide, pola estrada de Samos (LU-633).

A organización habilitará diferentes espazos de aparcamento que estarán debidamente sinalizados e que serán de carácter gratuíto.

O Concelleiro de Seguridade e Emerxencias Félix Seijas prega especial precaución aos conductores que circulen estes días nas vías próximas á Romaría dos Remedios e, sobre todo, ás persoas que decidan subir camiñando desde Sarria ou retornar tamén a pé.
 
Desde o Concello de Sarria tamén solicitan a implicación de todos os veciños e veciñas para colaborar na limpeza das fincas onde fagan ás celebracións, poñendo a súa disposición contedores nelas.

 

SALIDA-DE-REMEDIOS-2024page-0001
SALIDA-DE-REMEDIOS-2024page-0001

Tagged under festa romeria
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language