UNED Lugo abre a matrícula da UNED Sénior Sarria para o curso 2024/2025
A UNED de Lugo vén de abrir o prazo de matrícula da UNED Sénior Sarria (persoas maiores de 55 anos de idade, con independencia da formación académica que posúan) para o curso 2024-25.
Dito prazo permanecerá aberto desde o 23 de setembro ata o 23 de outubro e o comezo do curso terá lugar entre os días 14 e 18 de outubro, rematando as clases en febreiro de 2025.
Nos primeiros catro meses impartiranse cursos de "Inglés para viaxar" e de "Tertulias literarias". As persoas interesadas en matricularse poden obter máis información chamando ao teléfono 982 28 02 02 ou enviando unha mensaxe ao Whatsapp 608 577 391.
A matrícula pódese formalizar presencialmente na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar ou a través de internet na ligazón https://extension.uned.es/actividad/39787
O número de prazas dispoñibles é de 20 por clase e o importe da matrícula ascende a 50 euros. O pago pode formalizarse mediante transferencia (ES30 2080 5152 58 3040026385 de Abanca).