XVIII FESTA DOS MAIORES. 26 de outubro.
O Concello de Sarria está a organizar a XVIII edición da FESTA DOS MAIORES.
A festa celebrarase o próximo 26 de outubro no Pavillón de deportes dos institutos e como xa é tradicional contará con música, xantar e este ano, como novidade, baile con música en directo.
As tarxetas pódense recoller no concello ata o 15 de outubro inclusive.
Para mais info podedes chamar ao teléfono 982 535000.