Sarria

I Open de Taekwondo do Camiño Vila de Sarria.

Presentado o I Open de Taekwondo Vila de Sarria do 9 de novembro.

O alcalde, Claudio Garrido, e o concelleiro delegado da área de Deportes, Félix Seijas, recibiron a Alejandro Losada, campeón galego, profesor da disciplina en Sarria e promotor do evento e ao presidente da Federación Galega, Juan Carlos Eiriz.

No encontro falouse da importancia deste campeonato que reunirá en Sarria a 14 clubes e 250 participantes, pertencentes ás comunidades autónomas de Galicia e Asturias e que loitarán na modalide técnica por facerse cos premios. O Open Vila de Sarria contará ademáis con desmostracións de free style e exhibición, nas que participará o organizador, Alejandro Losada, que en decembro formará parte da expedición española no campionato do mundo a celebrar en Hong Kong no mes de decembro.

Destacouse tamén a importancia deste deporte en Galicia, xa que os catro primeiros clasificados do Open de España son da nosa comunidade autónoma, e a posibilidade de que o II Open sarriao, en 2025, conte para esa clasificación.

 

 

 

Máis info en https://www.taekwondogalego.es/

Tagged under deporte taekwondo
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language