Sarria

Xacorun 2025

Xacorun 2025, organizada pola asociación deportiva PRETORIANOS CLUB, terá lugar entre Sarria e Portomarín o próximo 30 de marzo do 2025 ás 09:30.

Xa vos podedes inscribir, ata o 24 de marzo, nalgunha da tres modalidades: carreira de 23km individual con saída ás 9:30 desde a Praza da Constitución; carreira de 10 km individual con sáida desde Mirallos ás 10:30 e carreira de 23km substitucións con sáida desde Sarria e relevo e Mirallos.

Poderán participar os maiores de 18 anos ou maiores de 16 con autorización dos pais o titores.

As carreiras estarán cronometradas pola empresa championchipnorte.

Haberá 3 puntos de avituallamiento ao longo do percorrido e un máis con alimentos sólidos e líquidos na meta,en Portomarín.

Inscricións en https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2961/xacorun-2025

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas catro modalidades da carreira de 23Km en categoría feminina e masculina e asi mesmo  na proba de 10Km; na proba de substitucións haberá trofeos para as tres primeiras parellas que entren en meta nas tres categorías: masculina, feminina e mixta.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language