Sarria

Gran desfile de Entroido 2025

O desfile de entroido 2025 resultou unha explosión de cores, música e emoción.

O Entroido é sen dúbida un dos eventos mais esperados do ano, onde as rúas transfórmanse nun espectáculo visual e auditivo que xera unha enerxía máxica transmitida a todos os espectadores.

É unha festa que supón a celebración do espíritu comunitario, da cultura e da tradición no que todos os participantes poñen corazón e enerxía.

 

Moitísimas felicidades aos gañadores, elexidos coma sempre por un xurado composto por membros de asociacións culturais do pobo, que coa súa creatividafde e paixón fixeron do desfile un espectáculo aínda mais impresionante e, por suposto, parabéns a todos os participantes: sen vos o Entroido non sería posible.

 

Grazas a todos por facer do Entroido un evento inolvidable!

 

Agardámosvos o vindeiro ano.

 

 

 

1
2
3

Tagged under entroido
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language