Entrega de composteiros o 13 de Novembro.
A campaña de compostaxe doméstica arranca en Sarria!
O vindeiro xoves 13 damos o pistoletazo de saída coa primeira entrega de composteiros, que terá lugar ás 18h na Casa da Cultura.
Queres sumarte ti tamén?
Durante as próximas semanas haberá máis sesións informativas en diferentes puntos do concello. Só tes que asistir a unha delas para recoller o teu composteiro de balde e aprender a transformar os restos orgánicos do teu fogar en abono natural.
Inscrición: https://www.sarria.ocaminosostible.gal
647 521 464 |
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.
#Compostaxe #Biorresiduos #XuntadeGalicia #NextGenerationEU #MinisterioTransiciónEcolóxica #RecuperaciónTransformaciónResiliencia

