Actividades en decembro na aula CeMIT
Formación en TIC gratuita. Para matricularte unicamente é necesario que sexas usuario/a da Rede CeMIT. Se aínda non o es, date de alta en cemit.xunta.gal ou infórmate na Casa da Cultura chamando ao 982 530 723.
1, 3 e 5 de Decembro de 10:00 a 13:00h.
Coñecer o funcionamento básico de Internet e os principais servizos en liña.
Utilizar ferramentas dixitais para comunicarse, informarse e entreterse.
Realizar operacións dixitais habituais con seguridade.
Previr riscos e protexer a información persoal.
Inscrición: Internet ocie e operacións dixitais
1, 3 e 5 de Decembro de 18:00 a 21:00h.
Aprender os fundamentos da impresión 3D: tipos de impresoras, materiais, fluxo de traballo, preparación de modelos e uso básico do software para facer o deseño, finalizando cun exercicio práctico real.
Inscrición: Iniciación impresión 3D
9, 10 e 12 Decembro de 10:00 a 13:00h
Comprender os principais riscos asociados ao uso das tecnoloxías da información.
Coñecer as boas prácticas de seguridade en Internet, redes e dispositivos.
Previr ataques informáticos e protexer a información persoal e profesional.
Aprender a recoñecer e actuar ante situacións sospeitosas ou fraudes dixitais.
Inscrición: Seguridade TIC básica


