Exposición "Desde Sarria con Amor"
No Nadal de 2020 celebramos a primeira edición do concurso de fotografía "Desde Sarria con Amor".
Por aquel entón estabamos en plena pandemia e non podiamos gozar dunhas festas ao uso. Por eso as únicas condicións do concurso eran que as fotos fosen ao aire libre e que tivesen como fondo a iluminación de Nadal.
Este ano decidimos xuntar as 22 fotografías gañadoras de todas as edicións do concurso e gozar de Desde Sarria con Amor cunha expo da Antiga Prisión Preventiva que poderedes visitar desde o 15 de decembro en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Agardámosvos!

