XXV Torneo Vila de Sarria de Ximnasia Rítmica
O próximo sábado, 9 de maio, celebrarase o XXV Torneo Vila de Sarria de ximnasia rítmica.
O evento está organizado polo Club Xirandela en colaboración coa área de deportes do Concello de Sarria e os colaboradores oficiais do club.
Con case 700 ximnastas de distintos clubes das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña, volveremos gozar da nosa festa da rítmica no pavillón José Mario Glez. - O Chanto, en dúas xornadas de mañá e tarde:
11:00 h. - xornada de mañá (nivel b e promoción)
16:30 h. - xornada de tarde (nivel escolar)

