Sarria

Exposición "O Eco das Meigas. Memoria Viva"

*O Eco das Meigas. Memoria viva*
Do Lar Social de Meigas e Trasgos á Sala de Exposicións da Antiga Prisión Preventiva de Sarria

Con motivo do recoñecemento da Noite Meiga como Festa de Interese Turístico de Galicia a Oficina de Información Turística de Sarria acolle unha exposición de obra pictórica e escultórica propiedade da asociación Meigas e Trasgos. Tamén poderemos apreciar diferentes obxectos, recordos e ata o traxe das meigas.

A mostra inaugúrase o próximo 3 de agosto ás 19:00h e estará aberta ata o día 31 de agosto en horario de luns a sábado de 9:00h a 14:30h e de 16:00h a 20:00h. 


A exposición reúne unha selección das obras que forman parte do patrimonio artístico da Asociación Cultural Meigas e Trasgos, creadas no marco das distintas edicións dos certames culturais promovidos pola entidade ao longo da súa historia.
Peza a peza, estas creacións gardan a memoria dunha tradición cultural que continúa viva. Obras que, durante anos, formaron parte do espazo da asociación e que agora saen temporalmente do seu lugar habitual para ser compartidas coa veciñanza e trasladadas á Sala de Exposicións da Antiga Prisión Preventiva de Sarria.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language