Sarria

Garitosis 2024.

A XI edición do Festival Garitose terá lugar o 7 de setembro do 2024 no local da Asociación Cultural Rúa da Música en Sarria.

Constará de dúas partes. A primeira unha sesión vermú na que actuará a banda británica Jack J Hutchinson: será ao aire libre nas inmediacións do local social e todos os asintentes gozarán dunha churrascada popular gratuíta.

A segunda parte á tarde/noite, xa dentro do propio local da asociación, contará coa participación de catro bandas: La alfombra Mágica, Sr. Salvaje, Zalomón Grass e Crowed. A festa rematará coa actuación do DJ Jorgiño.

Festa!!!

Tagged under Festival Música
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language