Sarria

A Residencia de Ancianos recibe 20 sillóns a través do crowfounding "MÓLLATE POR QUEN SE MOLLOU".

Os residentes da Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria veñen de recibir 20 sillóns, por valor de 5.383,27 € (IVE incluido).

 

A Plataforma Sarriana polo Río promoveu o crowfounding "MÓLLATE POR QUEN SE MOLLOU" para facer frente ás sancións económicas impostas pola Subdelegación do Goberno de Lugo que foron despois anuladas por sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo. Acordouse entón que os cartos acadados polo crowfounding serían destinados a fins sociais ou ONGS.

 A Plataforma manifesta que é unha mera transmisora "da xenerosidade da xente que cando lle tocou defendeu co seu patrimonio persoal (doazóns, compra de lotería, camisetas, etc.), non só a 34 veciños expedientados e sancionados irregularmente, e a outros 10 denunciados no seu momento no eido penal; eses doantes tamén estaban a defender a democracia, a liberdade e o medio natural e cultural do río Sarria. Os seus cartos quedan agora para que poidan descansar mellor os nosos maiores da residencia sarriá." e que " Consultado o persoal da Residencia, indicáronos que quizais o máis necesario ou urxente neste intre era ese tipo de sillóns dos que carecían. Os 5.383 € daban para mercar 19, o 20º o puxo a fabrica TAPISA".

O Concello de Sarria e a Residencia de Ancianos Nosa Señora do Carmen agradecen aos participantes no crowfounding, á Plataforma Sarriana Polo Río, e a Tapisa a súa xenerosidade, altruismo e conciencia social.

 

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language