Nadal 2024: pista de xeo e mercado na Praza da Vila.
Sarria contará coa pista de xeo e mercado de Nadal do 20 de decembro ao 7 de xaneiro.
O municipio de Sarria prepárase para vivir un Nadal inesquecible coa apertura da súa pista de xeo e do mercado de Nadal, que estarán dispoñibles do 20 de decembro ao 6 de xaneiro. Esta iniciativa non está pensada só como unha oferta de lecer para todos os públicos, senón que ten como obxectivo principal impulsar o comercio local, promovendo as compras nos negocios do municipio durante estas datas tan especiais.
Entradas de balde coas túas compras locais
Co propósito de fortalecer o tecido comercial de Sarria, todas aquelas persoas que realicen compras superiores a 5 € nos establecementos adheridos á iniciativa, ou calquera compra no mercado de Nadal, recibirán un ticket de balde para gozar da pista de xeo. Esta é unha oportunidade perfecta para vivir a maxia do inverno ao mesmo tempo que se apoian os pequenos comercios que forman parte da nosa comunidade.
Prazo de adhesión para os comercios locais ata o 15 de decembro enviando un mail a
Desde o Concello, convidamos a todo tipo de negocio (comercios, bares, restaurantes, etc) de Sarria a sumarse a esta iniciativa de Nadal.
Os negocios interesados en participar teñen ata o 15 de decembro para adherirse e, desta maneira, poderán ofrecer aos seus clientes a posibilidade de gozar da pista de xeo, ao tempo que forman parte dunha acción conxunta para dinamizar o municipio durante as festas.
Desde o Concello queremos agradecer a colaboración de todos os establecementos participantes, así como animar aos veciños e visitantes a desfrutar destas actividades mentres apoian o comercio local.
Agardámosvos para vivir xuntos a maxia do Nadal en Sarria!