Move os teus Marcos. 20 de xullo.
"MOVE OS TEUS MARCOS é un lugar de encontro e acubillo, un espazo seguro que promove a reflexión e o debate, a música, a festa e o compromiso.
MOVE OS TEUS MARCOS parte da lembranza e da memoria, do orgullo, da diversidade e da amizade, do amor á vida e á terra, da consciencia de gozar do momento, de vivir o territorio. Un encontro senlleiro e único, feito con agarimo, que combina literatura e activisimo, gastronomñia e música, para reivindicar que outros mundos son posibles.
Aqui e agora."