Sarria

Rallye San Froilán

 RALLYE SAN FROILÁN – PASA POR SARRIA

O motor vólvese sentir en Sarria!

Do 17 ao 19 de outubro, o noso concello será de novo protagonista co paso do 47º Rallye San Froilán, proba decisiva do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto.

Máis de 140 equipos participarán nesta cita que percorre preto de 100 km cronometrados por municipios como Outeiro de Rei, O Corgo, Samos, O Páramo e, por suposto, Sarria.

En Sarria teremos un dos momentos máis especiais da fin de semana:

Reagrupamento dos equipos o sábado, de 17:30 a 21:30 h, na Rúa da Liberdade, cun ambiente cheo de afección, velocidade e paixón polo motor.

Tramo    Goián:

O Páramo → Goián (SS 5)    18:02 h    —
O Páramo → Goián (SS 7)    —    21:54 h

Félix Seijas, Concelleiro de deportes:  "Historicamente, Goián é moito máis ca un tramo. É parte da identidade do San Froilán e unha ligazón directa con Sarria e coa nosa xente. Cada edición que pasa por aquí déixanos un recordo, unha emoción e o orgullo de formar parte desta historia"

 

Tagged under motor deporte
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language