Doa Sangue: o Mellor Agasallo. 23 de decembro
SARRIA: UNIDADE MÓBIL NA RÚA DA LIBERDADE
(Á altura da cafetaría Don Pepe – Zona de Carga e Descarga)
Martes, 23 de decembro 16:00 a 21:00 horas
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.
O noso obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.
Dispón dunha páxina web (ados.sergas.gal) e dun teléfono de información gratuíto (900100828) para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue, e tamén sobre a localización das unidades móbiles que atenden as persoas que desexan participar.
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Sarria
SARRIA: UNIDADE MÓBIL NA RÚA DA LIBERDADE
(Á altura da cafetaría Don Pepe – Zona de Carga e Descarga)
Martes, 23 de decembro 16:00 a 21:00 horas

