Sarria

Nova emisión de tarxetas de acceso á aula de estudo da Biblioteca

O Concello de Sarria amplía o acceso á aula de estudo durante a Semana Santa ante a alta demanda do estudantado.

O Concello de Sarria informa da ampliación do acceso á aula de estudo municipal debido á elevada demanda rexistrada nas últimas semanas. A coincidencia co período de preparación de exames e o regreso de numerosos estudantes á vila provocou un incremento significativo das solicitudes de tarxetas de acceso, xerando listaxe de agarda.

Co obxectivo de facilitar este servizo ao maior número posible de persoas, habilítase unha nova opción que permitirá o acceso á aula de estudo en horario ampliado e continuo de 08:00 a 00:00 horas 

Inicio: mércores 1 de abril ás 08:00 horas 
Fin: domingo 5 de abril ás 00:00 horas 

As persoas interesadas en facer uso deste recurso deberán achegarse previamente á biblioteca municipal para solicitar información e tramitar o acceso. O horario de atención será:  luns, martes e mércores, en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A solicitude deste recurso non garantiza o asento, dependerá do aforo dispoñible en cada momento. 

Desde o Concello anímase ao estudantado a facer uso deste servizo, especialmente pensado para apoiar o seu rendemento académico nun momento clave do curso.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language