Sarria

IV Concetración Moteira Sarria Bikers

A paixón polas motos volve ruxir en Sarria coa celebración da IV Concentración Moteira “Sarria Bikers”, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de maio no Campo da Feira.

Durante toda a fin de semana, veciños, visitantes e amantes do motor poderán gozar dun completo programa con rutas moteiras, exhibicións stunt, música en directo, sesión vermú, cea, xogos, sorteos e actividades para todos os públicos nun ambiente festivo e de convivencia.
O evento contará ademais coa participación de grupos e artistas como a Orquestra Neverloura, Keepers, DJ Cendoi e a Charanga Eravisto, así como coa espectacular exhibición de Balles & Pichu Stunt Show.

Desde o Concello de Sarria animamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ao Campo da Feira para vivir unha fin de semana diferente, apoiar este tipo de iniciativas e desfrutar do gran ambiente que traerá a concentración moteira á nosa vila.

Sarria converterase durante tres días nun punto de encontro para centos de afeccionados ao motor chegados de distintos lugares, contribuíndo tamén á dinamización da hostalería e do comercio local.

Campo da Feira – Sarria
15, 16 e 17 de maio

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language