Sarria

Xogos do Eixo Atlántico 2026.

O Concello de Sarria estará representado nos XVI Xogos do Eixo Atlántico cos equipos masculino e feminino de baloncesto, que competirán en Santiago de Compostela do 5 ao 10 de xullo.

Desexámoslles moita sorte aos nosos deportistas nesta gran experiencia, na que levarán o nome de Sarria con orgullo.

Podedes seguir toda a información, resultados, calendario e novidades dos Xogos en https://www.xogosdoeixoatlantico2026.com/

Desde as redes sociais do Concello de Sarria tamén iremos compartindo e actualizando toda a información sobre a participación dos nosos equipos ao longo do campionato.

Moita sorte e... ¡a gozar da experiencia!

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language