Noite Meiga 2024.
Tras unha magnífica edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, Maxia no Camiño, nun verán inesquecible cheo de actividades e eventos para todos os públicos, tras as festas de San Xoán, Ultreia et Suseia, a III Edición de Blues non Camiño, o VerbenaFest, actividades para os peques… chega a Noite Meiga, unha noite inesquecible para todos os sarriáns e visitantes nun ano moi especial, pois a Asociación Meigas e Trasgos iniciou o procedemento para a súa declaración como Festa de Interese turístico.