Sarria

Asistente Intelixente de Reciclaxe

A pesar de que cada vez son máis os cidadáns que reciclan correctamente, en ocasións poden xurdir dúbidas sobre algúns envases que nos fan preguntarnos cal é o contedor apropiado para a súa reciclaxe. Para axudar a solucionar este problema, Ecoembes creou o Asistente Intelixente de Reciclaxe, A.I. R-e, un chatbot que nace para dar resposta inmediata a todas as dúbidas e consultas do cidadán en materia de reciclaxe.

Creado por TheCircularLab, A.I. R-e fai uso da Intelixencia Artificial para dar información interactiva sobre distintas cuestións relacionadas coa reciclaxe de envases, como en que contedor debe depositarse cada envase e o material do que está composto.

Este chatbot funciona a través de texto, recoñecemento de voz e é capaz de recoñecer o tipo de residuo mediante fotografías. Tamén podes preguntarlle en castelán e galego.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language