Sarria

Pásate a compostaxe doméstica

Compost 1 webCompost 2 webCompost 3 web

O Concello de Sarria aposta firmemente polo medio ambiente e a sostenibilidade. Agora temos a oportunidade de avanzar cara ao verde da man de Sogama, que nos subministrará 50 composteiros de 390 litros fabricados con materiais reciclados e reciclables cos seus correspondentes manuais de compostaxe.

Poderán utilizarse por todos os sarriaos que teñan unha pequena horta ou xardín onde despois reutilizarán o compost que produzan.

Todos os interesados poden acceder ao formulario de solicitude e presentalo debidamente cumprimentado no rexistro de entrada ou en sede electrónica ata o 29 de xaneiro de 2021.

A adxudicación dos composteiros farase por rigorosa orde de presentación e comunicarase persoalmente aos interesados.

O mesmo día da entrega dos composteiros e o seu correspondente manual ofrecerase un curso aos adxudicatarios.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language