Sarria

Servizo comedor escolar EEI Xela Arias. Curso 2024/2025

Servizo comedor EEI Xela Arias

- PRESENTACIÓN DA/S SOLICITUDE/S:

  • Solicitude de praza/s: do 2 ao 6 de setembro, ambos incluídos.
  • O alumnado de nova matriculación, presentará a solicitude no momento de formalizar a matrícula (con carácter xeral no mes de setembro).
  • O modelo de solicitude estará dispoñible no Rexistro Xeral do Concello, na Secretaría da EEI Xela Arias e nas páxinas webs do Concello de Sarria e do centro educativo.
  • As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sarria de luns a venres de 9:00h a 14:00h, a través da sede electrónica dende as 00:00h do día en que se abre o prazo ata as 23:59h do día en que finaliza, ou mediante calquera outro dos procedementos previstos no art. 16 da Lei 39/2015.

- DATA, LUGAR E HORARIO DO SERVIZO:

  • O servizo desenvolverase durante o período lectivo para as ensinanzas de educación infantil, dende o 11 de setembro ata o 20 de xuño, e terá como sede a propia EEI Xela Arias. No horario de 14:30h-15.30h.

- CONDICIÓNS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO:

  • Considérase usuaria/o fixa/o ao alumnado que se inscribe todos os días lectivos do mes.
  • Considérase usuaria/o esporádica/o ao alumnado que se inscribe días puntuais. Nestes casos cobrarase só os días que fagan uso do servizo.

- PAGAMENTO:

  • O pagamento realizarase anticipadamente ao momento en que se outorgue a prestación do servizo, no caso das usuarias e USUARIOS HABITUAIS, que reciben o servizo diariamente, o cobro será por DOMICILIACIÓN BANCARIA que autorizará a nai, o pai, os titores ou representantes legais. En caso de baixa do servizo, avisarase antes do 20 do mes anterior a causar baixa.
  • Para os USUARIOS OCASIONAIS, o pago farase con carácter previo á prestación do servizo e mediante TRANSFERENCIA BANCARIA á conta que figura nas bases.
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language