Sarria

V Mostra de Teatro Iván Tourón Morais

A V Mostra de Teatro de Sarria ofrecerá dez funcións entre setembro e outubro

A V Mostra de Teatro Iván Tourón Morais celebraráse na Casa da Cultura de Sarria entre o 18 de setembro e o 18 de outubro, con dez funcións de teatro infantil e adulto. Todas as entradas serán de balde. 

As representación infantís terán lugar os venres ás 17.30 horas, mentres que o teatro adulto será os domingos ás 20.00 horas. Nesta edición, a programación de teatro adulto intégrase no proxecto cultural Sarria Acendida, financiado polo Concello de Sarria e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento superior aos 8.000 euros. 

A V Mostra de Teatro ofrecerá así cinco semanas de programación continuada na Casa da Cultura, combinando teatro infantil, compañías profesionais e a participación directa da agrupación local Rebuldeira Teatro. 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language