Obradoiros de Outono
Obradoiros de Outono
Sarria Acendida presenta os seus obradoiros de outono.
Sarria Acendida pon en marcha a súa programación de obradoiros de outono, unha proposta cultural participativa que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro.
O programa, impulsado polo Concello de Sarria e financiado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, reúne cinco actividades arredor da creación, cultura e a memoria:
- Obradoiro de teatro infantil "Raíces en escena": de Galopín Teatro.
- Obradoiro de escritura creativa "Raíces de tinta", con María Casar.
- Obradoiro de gastronomía, tradición e memoria "Raíces da memoria", coa Panadería Pallares.
- Obradoiro de fotografía arredor do rural "Detrás das árbores", con Toño de López.
- Xornada comunitaria para recoller a memoria oral "Acender a memoria", de Outonía S. Coop.
As propostas ofrecen diferentes maneiras de achegarse á creación, á memoria e ao rural, sempre a través da participación directa da veciñanza.
As características e os procesos de inscrición de cada unha das actividades iranse dando a coñecer progresivamente a través das redes sociais e da web do Concello de Sarria.

