Dende                                        01 Marzo 2024 20:00
                    
                                                                                
                    ata                                        31 Marzo 2024 22:00
                    
                                        
                                    
                                
                
                                
                    Expo Cuir” é o título da exposición que Zoe Vixion presenta durante todo o mes de marzo na Casa da Cultura. Nela, a través da fotografía, reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.
Profesional das artes escénicas, dirección, iluminación a través da súa marca persoal, Zoe Vixión, busca normalizar a colectivos a través das súas reportaxes. 
A mostra foi realizada no festival AgroCuir, reflectindo o respecto e a diversidade como orixe da convivencia.