Dende 22 Setembro 2023 17:30
ata 22 Setembro 2023 19:00
Un barrendeiro que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ao chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso.
A partir deste comezo un pouco esperpéntico o seu discorrer escénico irá virando cara un tono máis amable dende o que abordar contos, xogos e cantigas de carácter ambiental: a pegada ecolóxica, a reciclaxe (norma das tres R), a auga como fonte de vida... Todo salpementado con datos, curiosidades e anécdotas que nos permitan sensibilizar na necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.