Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguidades, que alcanzou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país.
Ata hoxe, non existían rexistros desta actividade, pero o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura.
Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre a nosa maneira de ser, de falar e de relacionarnos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.