Sarria

Feiras, festas e eventos

II MOSTRA DE TEATRO IVÁN TOURÓN MORAIS. TEATRO ADULTOS. "O Mundo de Martiña"

Dende 01 Outubro 2023 20:00 ata 01 Outubro 2023 22:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: teatro
Visitas: 246
Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como por exemplo que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, ou que teña que calar e obedecer a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo…, cando é evidente o trabucados que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos ou o anxiño da garda observándoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar. Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar, afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións.. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto ao establecido nunca abandoarán.


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language