O próximo martes, 21 de novembro de 2023, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do
programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, en Sarria, rúa da Liberdade 109, ás 12.30horas.
Se eres autónomo ou propietario dunha Peme e precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, contarás co asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son os seguintes:
• Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
• Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
• Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
• Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
• Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital