Sarria

Feiras, festas e eventos

Teatro na Casa da Cultura. "Chao"

Dende 05 Novembro 2023 20:00 ata 05 Novembro 2023 22:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: teatro
Visitas: 404
Unha aldea que queda sen xente, a vida dunha muller do rural e as memorias que perdemos cando se apagan os lumes do fogar e das vidas... Esta obra é unha homenaxe as nosas avoas e as palabras que se perden nos seus silencios, que se van cando marchan, que deixan como única testemuña as paredes do fogar. Chao vai sobre Ánxeles, unha vella que acaba de ter un ictus e ten que ingresar nunha residencia, o legado que deixa no seu neto, Iago, e o dilema que se abre coa familia, vender e perder as memorias ou quedar sen cartos.


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language