Luciana Cardone decide abandonar as trincheiras para ir na busca doutro mundo, cheo de poesía, teatro, música... pero descuberta e xulgada polos seus superiores, é condenada a morte. A mañá seguinte, será fusilada coa derradeira bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciana e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño.