Gargallada Teatro presenta CRÓNICAS DUN POBO, que achega á escena, a modo de farsa histórica, unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde o punto de vista das xentes do común, que son realmente quenes padecen as súas desastrosas consecuencias. Todo isto pasado pola peneira do humor mordaz de Miguel Gila a través das clásicas escenas do absurdo nos campos de batalla e nos cuarteis, protagonizadas por un mariñeiro e un ferreiro que son amigos pero en realidade son inimigos, unha avoa que debe coidar do seu netiño, unha rapaza trastornada pola barbarie, un vendedor de globos de cores e bonecos e outros personaxes.