Sarria

Feiras, festas e eventos

Concerto de Santa Cecilia

Dende 02 Decembro 2023 20:00 ata 02 Decembro 2023 22:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: Música, concerto
Visitas: 895
O tradicional concerto de Santa Cecilia ofrecido pola Banda de Música de Sarria tráenos este ano unha bonita novidade: estará dedicado ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o 3 de decembro co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. O concerto será presentado por Manuel Darriba, que, como sabedes, acaba de publicar "Pedro, o pìloto de gaivotas", dedicado non só ao seu fillo, senón a todas as persoas, pois todas somos, nun momento ou outro das nosas vidas, dependentes dos demais.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language