Sarria

Feiras, festas e eventos

Ronsel de futuro. Historias soterradas.

Dende 16 Decembro 2023 20:00 ata 16 Decembro 2023 21:30
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: Cine
Visitas: 210

Señor López Producións presenta en Sarria Un ronsel de futuro, historias soterradas, a webserie documental da Rede Museística que logo de estar en Bos Aires chegará a diferentes localidades da provincia de Lugo.
Un ronsel de futuro trata de achegar, através do cine, e en nove capítulos, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, pertencentes á Deputación de Lugo.

O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio.

Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio.
O Señor López, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, levan a cabo este proxecto no que participan a propia xerente da institución Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e importantes persoas da nosa sociedade como Pilar Yáñez ou Mónica Álvarez, contando coa colaboración do Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas. A webserie viaxou a diferentes localizacións da provincia de Lugo como O Cebreiro, Foz ou Samos así como os propios museos: o Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial de Lugo e Museo do Mar.
 



SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language