Sarria

Feiras, festas e eventos

María Pita. Conversas cunha heroína.

Dende 02 Marzo 17:00 ata 02 Marzo 19:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: teatro
Visitas: 621
María Pita reflicte a problemática dos nosos días: a desigualdade que aínda persiste entre homes e mulleres. Realízase un paralelismo escénico entre o século XVI e o XXI, onde unha heroína de guerra e unha árbitra de fútbol expoñen os obstáculos de vida e conversan co público. Unha viaxe a través do tempo demostra que hai moitas máis Marías Pitas do que pensamos e cada unha nos contará a súa historia. O humor e ironía teñen o seu protagonismo, onde se conxugan os monicreques, a danza e a participación activa das asistentes. Para toda a familia.


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language