Sarria

Feiras, festas e eventos

Exposición fotográfica. Anhelos.

Dende 05 Marzo 09:00 ata 20 Marzo 14:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura, Muller
Etiquetas: Fotografía
Visitas: 609
A Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Sober, por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, elaborou o proxecto ANHELOS, exposición fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional. O proxecto xurde e lévase a cabo coa finalidade de reflexionar sobre a necesidade de deconstruir o modelo de masculinidade dominante e sobre a importancia de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos mais libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”. Para elo, e, como medio, empregouse a fotografía: 19 fotos nas que aparecen 34 homes e 7 mulleres entre os que podemos atopar ao alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián. E como o proxecto anterior, INMARCESIBLES tendo en conta que a loita pola Igualdade é unha loita conxunta, que non entende de territorios nin de partidos políticos, ANHELOS é unha exposición itinerante que chega ahora a Sarria.


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language