Sarria

Feiras, festas e eventos

Teatro infantil. "Valente e Rebelde".

Dende 26 Marzo 2024 17:00 ata 26 Marzo 2024 19:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: teatro
Visitas: 122

Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita atopouno e descubriu que escribe e debuxa sobre o seu personaxe favorito. Poderías adiviñar cal é?”


As dúas actrices que desenvolven a representación teatral darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser Valente e Rebelde.

Trémola Teatro é unha compañía creada a finais do 2017. As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mentres realizaban estudos de interpretación. A compañía creceu, e actualmente a compoñen catro actrices máis. Coa mesma ilusión que ao principio, Trémola Teatro non para de percorrer Galicia e Madrid cos seus espectáculos.



SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language