Sarria

Feiras, festas e eventos

Buenas Pulgas. Feira Solidaria 2024. 24 de agosto. Chaira do antigo ambulatorio.

Dende 24 Agosto 12:00 ata 24 Agosto 20:00
Publicado por Cultura
Categorías: Feiras
Visitas: 815

Igual que o ano pasado, Huellas de Sarria e seis asociacións máis (nesta edición incorpóranse dúas mais), AGAE (Asociación Galega de Adopción de Exóticos), Michos de Lugo, Asociación Mau Lemos, Almanimal, Refuxio Becerreá e a Asociación pola Protección Animal, organizan a Feira Solidaria Boas Pulgas. 

Día: 24 de agosto 
Horario: 12.00 a 20.00
Lugar: Rúa Liberdade, 136 en Sarria, Lugo (na chaira do antigo ambulatorio)

 

 

Ademais dos mercadillos solidarios de cada unha das entidades que participan, onde poderás atopar roupa, obxectos vintage ou artesanía e comprar lotería de Nadal, haberá música, vermut e picoteo, un recuncho de doazóns de alimentos e cousas para os animais, actividades infantís e un sorteo entre todas as persoas que participen. 

O vermut inclúe unha bebida e un petisco para elixir entre algunhas opcións, e podedes realizar a reserva anticipada da consumición no qr do cartel. 

Para calquera dúbida, podedes contactar en


https://huellasdesarria.protecms.com/

 

 https://www.facebook.com/groups/253936845182960/


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language