Sarria

Feiras, festas e eventos

Moito que facer!. Xornada sobre coidados, conciliación e corresponsabilidade.

Dende 11 Setembro 16:00 ata 11 Setembro 20:00
Publicado por Cultura
Categorías: Muller, Familia
Visitas: 251

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) estará o vindeiro mércores 11 de setembro en Sarria desenvolvendo a Xornada Moito que facer! que se celebrará de 16:00 a 20:00 h na Praza da Vila.

 

Moito que facer! trátase dunhas xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, que se celebrarán en 24 localidades distintas, co obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.

A xornada está dirixida a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades que terán como fío conductor o Moito que facer a través da súa dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados:

● A partir das 16:00 habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados con perspectiva de xénero, obter información sobre a lexislación actual, acceder a un webinario sobre corresponsabilidade, etc.

Poden achegarse tamén as persoas que precisen asesoramento sobre monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio, información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.

● Ás 18:00 haberá unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondará nos datos que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da crianza.

Conversarase sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, e das consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia.

Os nenos e nenas que asistan poderán participar e ser protagonistas nun xogo sobre a corresponsabilidade no fogar.

Todas as personas inscritas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán un agasallo.

As inscricións pódense facer en www.fagamos.com ou na mesa informativa o mesmo día da xornada.

Esta actuación forma parte do proxecto “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad, e organizada en colaboración co Centro de Información á Muller do Concello de Sarria.



SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language