Sarria

Feiras, festas e eventos

Buenas Pulgas. Feira Solidaria

Dende 05 Xullo 12:00 ata 05 Xullo 20:00
Publicado por Cultura
Categorías: axenda, Feiras
Visitas: 17

Feira Solidaria Boas Pulgas.

Día: Sábado 5 de xullo
Horario: 12.00 a 20.00
Lugar: Rúa Liberdade, 136 en Sarria, Lugo (na chaira do antigo ambulatorio)

O evento está organizado polas mesmas asociacións do pasado ano:

AGAE (Asociación Galega de Adopción de Exóticos)
Michos de Lugo
Asociación Mau Lemos
Almanimal
Refuxio Becerreá
Asociación pola Protección Animal Pegadas de Sarria

Á parte dos mercadillos solidarios de cada unha das entidades que participan, onde poderás atopar roupa, obxectos vintage ou artesanía, e comprar lotería de Nadal, tamén haberá música, vermut e picoteo, un recuncho de doazóns de alimentos e cousas para os animais, actividades infantís e un photocall para que poidas levar de recordo unha foto co teu peludo ou con quen queiras.

O Vermut inclúe unha bebida e un petisco para elixir entre algunhas opcións, os cales mercaranse o mesmo día.

Para mais info podedes poñervos en contacto con Huellas de Sarria


SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language