Dende 28 Novembro 10:00
ata 28 Novembro 21:00
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade.
A vosa colaboración é fundamental.