O Concello activará unha zona de compostaxe comunitaria na contorna da rúa Curros Enríquez
O concelleiro de Sostibilidade Ambiental e Servizos Municipais, Pedro López, anunciou que o goberno local activará en datas próximas unha zona de compostaxe comunitaria na confluencia da rúa Curros Enríquez co Chanto.
O concelleiro convida á veciñanza da contorna a involucrarse no tratamento separado dos biorresiduos para obter compost. Esta iniciativa piloto, cofinanciada polo Concello de Sarria cunha achega da Xunta de Galicia, suporá un investimento de 33.000 euros e ten como finalidade avanzar na recollida separada dos biorresiduos de aproximadamente unha trintena de fogares para destinalos ao tratamento biolóxico nos composteiros comunitarios que xa foron instalados na rúa Curros Enríquez. Pedro López salienta que o próximo paso antes de activar o funcionamento dos composteiros é que arredor dunha trintena de veciños/as desa área trasladen ao concello a súa intención de participar no proxecto, ben chamando ao teléfono 982 53 50 50 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo