Sarria

O Concello activará unha zona de compostaxe comunitaria na contorna da rúa Curros Enríquez

O concelleiro de Sostibilidade Ambiental e Servizos Municipais, Pedro López, anunciou que o goberno local activará en datas próximas unha zona de compostaxe comunitaria na confluencia da rúa Curros Enríquez co Chanto.

O concelleiro convida á veciñanza da contorna a involucrarse no tratamento separado dos biorresiduos para obter compost. Esta iniciativa piloto, cofinanciada polo Concello de Sarria cunha achega da Xunta de Galicia, suporá un investimento de 33.000 euros e ten como finalidade avanzar na recollida separada dos biorresiduos de aproximadamente unha trintena de fogares para destinalos ao tratamento biolóxico nos composteiros comunitarios que xa foron instalados na rúa Curros Enríquez. Pedro López salienta que o próximo paso antes de activar o funcionamento dos composteiros é que arredor dunha trintena de veciños/as desa área trasladen ao concello a súa intención de participar no proxecto, ben chamando ao teléfono 982 53 50 50 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Unha vez seleccionados os participantes, o Concello programará un curso formativo para explicarlles o sistema de funcionamento deste sistema de compostaxe comunitaria. Os principais requisitos para inscribirse serían comprometerse a separar no fogar os restos orgánicos, a trasladalos á área de compostaxe comunitaria e a depositalos no módulo correspondente, engadindo a proporción axeitada do material estruturante. Con posterioridade, transcorridos arredor de seis meses, cada veciño poderá solicitar o compost ao concello ou cedelo para utilizalo no mantemento dos xardíns municipais.

Medio Ambiente

pdf

Guía compostaxe

Tamaño: 30.16 MB
Descargas : 337
Data: 2023-04-04
pdf

Díptico compostaxe

Tamaño: 1.03 MB
Descargas : 137
Data: 2023-04-04
pdf

Cartel compostaxe

Tamaño: 2.42 MB
Descargas : 127
Data: 2023-04-04

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language