Día Mundial do Medio Ambiente 5 de xuño de 2024.
Sarria súmase á convocatoria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que dentro do proxecto "Persoas & Planeta" convoca por cuarto ano consecutivo un apagamento ambiental con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará o mércores 5 de xuño e que este ano se centra na protección dos ecosistemas terrestres , en liña co ODS 15 .
Por este motivo suspenderemos a iluminación pública das igrexas de Santa Mariña e San Salvador desde as 23.00 horas ata as 00.00 horas, co fin de concienciar sobre o cambio climático e, principalmente, sobre o consumo enerxético.