Sarria instalará cinco novos contedores vermellos para a recollida separada de téxtil
Na Rúa Formigueiros, na Rúa da Liberdade, na Rúa Becerreá, no centro urbano e no Punto Limpo
Sarria, 17 de outubro de 2026 — O Concello de Sarria instalará cinco novos contedores vermellos para a recollida separada de residuos téxtiles, situados na Rúa Formigueiros, na Rúa da Liberdade, na Rúa Becerreá, no centro urbano e no Punto Limpo.
Nos contedores vermellos poderase depositar roupa, calzado (en parellas e atado polos cordóns), complementos como cintos e bolsos, e téxtiles do fogar como sabas, toallas ou cortinas, incluso en mal estado. O material debe botarse sempre en bolsas pechadas. Non se deben depositar colchóns, alfombras nin téxtiles industriais.
O téxtil recollido xestionarao Cáritas Diocesana de Lugo, que o clasificará para a súa reutilización directa, a reparación ou a reciclaxe en novas fibras, de xeito que practicamente nada remate no vertedoiro. Separar o téxtil reduce o lixo do colector gris e axuda ás persoas que máis o precisan.
A instalación acompañarase da campaña informativa «O téxtil? Ao vermello!», con cartaces, dípticos e trípticos, publicacións en redes sociais e un posto informativo na feira do 17 de outubro. Máis información na páxina web sarria.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico
Tres dos contedores forman parte do proxecto de mellora da recollida separada de residuos téxtiles do Concello de Sarria (expediente EELL-0197-2026-RES, Liña 4 do procedemento MT975X), que conta cunha axuda de 7.725 € da Xunta de Galicia, cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

