
XVII FESTA DO COCIDO DO PORCO CELTA
O 15 de febreiro celebraremos no Campo da Feira a XVII edición da festa do Cocido do Porco Celta, a festa gastronómica sarriá na que os trece comensais de cada mesa compartirán menú de sopa e un completo cocido de porco celta con chourizos, lacón, soá e butelo, grelos, patacas e garavanzos. Non faltarán tampouco o queixo con marmelo e o café de pucheiro.