
Programa Educando sen Fronteiras
Servizo de educación e apoio familiar, integrado nos servizos sociais comunitarios. Ten entre os seus obxectivos detectar, previr e superar situacións de dificultade, en especial as situacións temporais de desprotección infantil, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.